Saltar ao contido

Fernando Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Vilariño
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMondoñedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata

Facebook: fernando.vilarinogosende Editar o valor en Wikidata


Fernando Vilariño Gosende, nado en Cuntis en 1977, é un escultor e canteiro galego. Reside en Mondoñedo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e comezou a traballar con 19 anos. A súa formación como escultor é autodidacta. Os materiais que emprega son principalmente o granito -como base para a creación da escultura- e a cuarcita para facer gravados e relevos.

A súa obra máis persoal ten unha clara liña temática social. Por exemplo, a colección Todos somos 016 reflicte o seu posicionamento sobre a violencia de xénero, con pezas como Protección, Unidade, Atadura, Bágoa, Puñal ou Pegadas. Esta colección foi exposta no Forte de San Damián, en Ribadeo.[1] En 2016, co gallo da visita a Mondoñedo de Letizia Ortiz, deulle unha obra representativa da Catedral de Mondoñedo, nun gravado nunha placa de cuarcita.[2]

As súas obras móstranse na galería Terra Branca de Ribadeo[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casado, é pai de tres nenas.

  1. "El Fuerte de San Damián acoge una exposición sobre la violencia de género". El Progreso (en castelán). 16 de xullo de 2013. 
  2. "«¡Soy yo y la catedral!», dixo a raíña". La voz de Galicia. 8 de outubro de 2016. 
  3. "Fernando Vilariño". Terra Branca. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2018. Consultado o 2018-05-22.